"DOUS SENTIMENTOS", UNHA NOVA EXPOSICIÓN DE PINTURA DE PILAR ÁLVAREZ E CHARO TRIGO
Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha
Desde o día 1 ata o 14 de xullo, á Galería de Arte Caminhense, de Caminha, acolle "Dous sentimentos", unha nova exposición das pintoras Pilar Álvarez e Charo Trigo.
A mostra destas artistas emprendedoras, inaúgurase este martes, ás 20:30 horas.
O horario será: Mañás de 10:00 a 14:00 h; tardes de 17:00 a 21:00h (hora portuguesa).
Por estar plenamente vixente, recuperamos un texto que redactamos fai cáseque un ano, co gallo da exposición que presentaron na mesma galería, no que decíamos:
María Rosario Trigo Vicente (Charo) e Pilar Álvarez Rodríguez (Pili), ademáis de seren dúas mulleres con idénticos compromisos domésticos e tamén con responsabilidades profisionais cotiás, son á viva demostración da inquedanza do ser humán por crear Arte e comparti-la. Guardesa – natural do Castro – e rosaleira – do Calvario -, son, respectivamente, un exemplo da harmonía que caracteriza á convivenza entre os veciños de A Guarda e do Rosal, que no día a día, entenden a coexistencia de ambos os dous concellos, como un todo, complementándose un co outro.
Charo Trigo e Pili Álvarez escomenzaron ademáis súa andaina, na mesma escola artística, a carón da pintora Alicia Alonso. Unha muller inigualabel, que lles ten dado azos para ir facendo cadanseu camiño artístico. Segundo a libre creación e interpretación de cada unha delas, respecto aqueles temas que máis lles motiven como pintoras. E tamén, sobor do xeito de desenvolve-lo proceso creativo.
Tanto en mostras colectivas – sobor de todo co Grupo IMPÁS, do que forman parte -, como en individuais, Charo e Pili levan dado boa proba da súa sensibilidade como artistas e da súa labor continuada no tempo. Polo tanto, é innegabel que súas vocacións plásticas están consolidadas.
Na obra de Charo e Pili están representadas diversas temáticas. Desde paisaxes, frores, bodegóns, ... ata retratos.
Decididas e resoltas, nada que reflicta beleza lles bota para atrás. As veces, algúns temas conlevan un nivel de esforzo superior. Conscientes de que ninguén lles obriga a asumir retos inalcanzables, elas, cada unha o seu xeito, resolve o seu estilo, todo aquilo que desexan apreixar nos seus cadros. Iso demostra tenacidade e perseveranza, dous valores que posúen tanto Charo como Pili.
A obra de cada unha delas ten á súa respectiva impronta, característica necesaria para diferenciarse unha artista da outra. Nestes tempos de globalización que nos tocou viver, no que cáseque todo o podemos atopar en calquer lugar, non é doado ser un mesmo. Charo e Pili procuran ter cada unha seu própio estilo, como corresponde á persoalidade de cada unda delas, característica que as diferencia e as distingue. E así debe ser, xa que cada artista debe ter súa própia seña de identidade. Charo e Pili cumplen esa premisa, e cada pintora afronta á execución de cadansúa obra de un xeito totalmente persoal. Ainda que as veces á técnica poida coincidir, o que non quita que os resultados sexan heteroxéneos. En ambos os dous casos, gratos á ollada de tódolas persoas que gostan de apreciar á labor pictórica destas dúas mulleres, que teñen moito mérito, porque o que fan é froito da vocación que profesan desde fai bastante tempo. Iso tamén é un valor engadido, sobor de todo cando o doado e desertar e aplicar aquela frase que dí: Que creen eles!
Charo e Pili asumen á labor de creación plástica como algo que forma parte das súas vidas e que agora nos ofrecen para que disfroitemos coa beleza dos seus cadros. Neles están súas inquedanzas, seus desvelos, seu labor - desenvolvida moitas veces na soedade do estudo - por crear obras que nos transmitan gratas sensacions, e que na súa contemplación tanto na sala onde se expoñen como na intimidade dos nosos fogares, teñamos o pracer de aprecia-los detalles que cada artista logrou reflectir nas súas obras.
Na obra destas dúas pintoras hai beleza, poesía e sensibilidade. Ingredintes que nos transmiten boas vibracions, tan necesarias para todos.
Disfroiten con esta mostra pictórica de Charo e Pili.

Ningún comentario:
Publicar un comentario