6 de xuño de 2014

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA DEMANDA DOCUMENTACIÓN EN MATERIA DE PROTECCIÓN CIVIL E O PLAN DE EMERXENCIA MUNICIPAL


Beatriz Estévez Álvarez, en calidade de Concelleira-Portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega,

Expón:

            Que o Decreto 56/2000 do 3 de marzo, polo que se regula a planificación, as medidas de coordinación e a actuación de voluntarios, agrupación de voluntarios, e entidades colaboradores en materia de Protección Civil de Galicia (D.O.G. nº 62 do mércores 29 de marzo do 2000, sinala:

            Artigo 10.- "(...) Actuar como asesores a Nivel Local (...)" Propoñe-la elaboración do Plan de Emerxencia Municipal (PEMU).

            Artigo 11.- "(…) Composición das Xuntas Locais de Protección Civil (…)".

            Artigo 54.- As Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil deberán contratar un seguro de accidentes, así como de Responsabilidad Civil por danos a terceiros que ampare os séus membros fronte os riscos a que están sometidos no ejercicio das súas funcións.

            Artigo 60.- Apartado 3 "(…) O rexistro será público con respecto  a tódalas inscripcións ou anotacións que nel consten".

            Por todo o exposto, veño a solicitar:

            1º).- Copia do Plan de Emercencia Municipal (PEMU) elaborado polo Concello de A Guarda no concerniente aos Centros Educativos e Instalacións Municipais.

            2º).- Copia da Acta da Composición da Xunta Local de Protección Civil do Concello de A Guarda dos derradeiros catro (4) anos.

             3º).- Copia das Pólizas de Seguros de Accidentes e de Responsabilidade Civil da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de A Guarda.

            4º).- Copia do Rexistro das inscripción de Voluntarios/as de Protección Civil da Agrupación de A Guarda nos derradeiros catro (4) anos.

A Guarda, a 06 de Xuño do 2.014
   
Beatriz Estévez Álvarez


Sr. Alcalde-Presidente
Sr/a Secretario/a
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario