1 de abr. de 2014

A GUARDA

 A PINTORA MILA CASTRO EXPÓN SÚA OBRA NA VILA


 Do 1 ó 30 de abril, na cafetería Brétema, presenta unha selección de 18 pinturas ao óleo

  Infogauda / A Guarda

  Desde o día 1 o 30 de abril de 2014, á pintora Mila Castro expón unha mostra de 18 obras da súa autoría na cafetería Brétema (Rúa Manuel Álvarez nº 1), de A Guarda. 

  Paisaxes, frores, abstraccións,..., pintadas ao óleo, constituirán á exposición desta artista ourensá, afincada desde fai anos, no fermoso Val do Rosal.

 Milagros Castro Fernández (Laias – Cenlle, 1953), é filla de emigrantes. Viveu case toda súa vida fora da Terra Nai. Caracas, a capital venezolana, foi a metrópoli onde Mila e súa família estiveron radicados por motivos laborais. Ali naceron seus irmáns Manolo e Antonio.

 Logo de retornaren á Galicia, Mila escomenzou - en 1982 - a pintar. Ninguén lle ensinou nin as técnicas nin os materiais. Foi algo que xurdiu espontáneamente dela. Polo tanto é unha autodidacta total. Pintar e súa afección principal.


 Os primeiros cadros de Mila están na casa de seu pai e na de seu irmán. Desde entón até o de agora, ten participado en varias exposicións colectivas e tamén ten feito mostras individuais da súa obra. 


 Dibuxa moito a lápis carbón - e tamén de cores -, así como a tinta chinesa. A temática de Mila Castro é moi variada: Gatiños, frores, paisaxes, árbores, composicións xeométricas,..., son, entre outras, as preferenzas artísticas desta creadora, que non refuga calquer outro tema que lle veña á mente n´un determinado intre.

 Tamén pinta ao óleo. Desde o conxunto etnográfico os Muiños do Folón até paisaxes de inconfundibel estilo naïf.


 Mila Castro tén moita sensibilidade, e inquedanzas artísticas non lle fallan. E si tén que elexir, prefiere a liberdade creativa - como as formas xeométricas, repretas de vivos coores -, a outras propostas. De tódolos xeitos, ela non refuga ningún reto, abordándoo con decisión, e dese xeito logra sair airosa.


 Ademáis Mila Castro non soio dibuxa en papel e pinta sobre lenzo, senón que súas creacións van máis aló do habitual, e mesmo tén deixado súa impronta persoal en prendas de vestir que levan a súa arte sobre os tecidos téxtiles.

 Tamén pinta sobre envases de vidro, dándolle súa impronta inxenuista, que os eleva a categoría de obras de arte.


 Mila é unha muller de inquedanzas e ademáis de vontade. Porque ademáis do ánemo de escomenzar tén tamén, a groria de concluir.


 En definitiva, Mila Castro é unha artista vocacional e polo tanto auténtica. 


GALERÍA DE IMAXES DE MILA CASTRO 

Ningún comentario:

Publicar un comentario