19 de mar. de 2014

CULTURA

'A conta atrás', a gran novela (gráfica) sobre o Prestige, terá segunda parte


A primeira pate de 'A conta atrás' publicouse en 2008

Para cando a segunda parte de A conta atrás? Era unha pregunta recorrente na banda deseñada galega nos últimos anos. En 2008 Carlos Portela (guionista) e Sergi San Julián (debuxante) publicaron esta novela gráfica centrada na catástrofe do Prestige e nas súas consecuencias políticas. Unha obra necesaria, definida por Manuel Rivas, que escribiu o seu prólogo, como "a primeira gran novela gráfica ó noso redor nunha liña de thriller político-social", e que ademais recibiu excelentes críticas e que mesmo foi nomeada ao Premio ao Mellor Guionista en Expocómic 2008.

Ningún comentario:

Publicar un comentario