“O teatro debe poñer o mundo a andar"
O xornalista e crítico Camilo Franco será o encargado de redactar o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, que lerá durante a cerimonia dos XVIII Premios María Casares o vindeiro xoves 27 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. No texto destacarase a relevancia das artes escénicas no desenvolvemento social e cultural do país, sobre todo no actual momento de crise económica e social.

Ningún comentario:
Publicar un comentario