17 de mar. de 2014

A GUARDA

O BNG solicita na Guarda o apoio a flota do cerco e artesanal

Os nacionalistas consideran moi grave a actitude incendiaria da Conselleira do Mar impropia dunha gobernante.

Infogauda / A Guarda
  O Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para ser discutida no próximo pleno na que se solicita o apoio a flota do cerco e de artes menores que reclama un reparto xusto das cotas da xarda e do xurelo.
 O BNG tamén reclama un cambio profundo da Política Común de Pesca na UE, e a derrogación do Principio de Estabilidade relativa, que consagra a discriminación estrutural da frota pesqueira galega.
 Para o BNG é especialmente grave a actitude do Presidente da Xunta e da Conselleira do Mar por non defender os intereses do sector e deixalo totalmente abandonado.
 O problema non é que non haxa peixe no noso litoral: haino, e ben abundante. O conflicto xorde cando se lles impide pescar aos galegos e si se lles permite a outras frotas. É, en definitiva, un problema político, que precisa de solucións políticas”sinala Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.
 Para o BNG o Estado español é cúmplice, mentres o Goberno galego cala, admitindo uns criterios discriminatorios, ao igual que a Unión Europea, esquecéndose dos argumentos de boa xestión pesqueira, e permitindo uns criterios máis políticos que sociais, abocando a frota galega á miseria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario