29 de mar. de 2014

A GUARDA

FORTALEZA DE SANTA CRUZ: NON TODO É HISTORIA

A Porta da Vila, da Fortaleza de Santa Cruz, a cal se pode acceder desde a rúa Puerto Rico

Infogauda / A Guarda

 A fortaleza de Santa Cruz, en pleno centro urbán de A Guarda, ben merece unha visita. Sobor de todo, para intuir un pouco do que ese recinto fortificado puido representar no seu día. 

 O ideal sería que antes dos actos de apertura e posterior inauguración oficial, se houbesen adoitado algunhas medidas que levasen á supresión dalgúns impactos visuais que atentan contra ese BIC (Ben de Interese Cultural), que forma parte do Patrimonio Cultural e Histórico de A Guarda.


 Unha simple ollada desde o baluarte denominado de Santa Trega - grafiado teimosamente no panel correspondente como baluarte de Santa Tegra - nos permite comprobar o lamentábel estado que nos amosan algúns predios colindantes cos lenzos das murallas.


 Sen necesidade de ser moi observadores, veciños e visitantes poden comprobar un impresentábel chabolismo que debería haberse evitado, non somentes agora, senón en anos precedentes, e que baixo ningún concepto debería continuar por máis tempo. Eiquí xa non se trata de feísmo, senón de algo moito pior. 


 Suxerimos que sen ningún tipo de inxustificábel demora, o grupo chamado de goberno do Concello de A Guarda, adoite ás medidas que están a seu alcance, para en primeiro lugar, dialogar cos propietarios, buscando á corrección dos actuais impactos, e de non acadar unha resposta positiva, adoitar ás medidas correctoras que á lexislación vixente prevé nestes casos.


 Por outra banda, propomos que o Concello exhorte á Consellería correspondente á completar ás obras do Centro de Interpretación do Sistema Defensivo do Miño, ou como o queiran denominar. 


 Non é de recibo que habendo inaugurado o día 11 de xaneiro de 2014, ás obras levadas a cabo na Fortaleza de Santa Cruz, se haxa aceptado presentarlle á própios e visitantes unha construcción de pésimo gusto - ainda que probablemente conte co beneplácito dos persoeiros de Patrimonio, da Xunta de Galicia -, inconclusa e vetada hoxe por hoxe, os visitantes.

 Hoxendía, e segundo podemos comprobar nas fotografías feitas en data 29 de marzo de 2014, a Fortaleza de Santa Cruz, non ten a presentación axeitada, nin se albisca que a vaia a ter a curto prazo. 

 Asemade, os visitantes non dispoñen de aseos públicos, servizos que deberan ser considerados como indispensables si de verdade existira á vontade de ofrecer un mínimo de atención aos visitantes. Ainda que probablemente xa esté prevista súa dotación, dentro das instalacións denominadas Centro de Interpretación do Sistema Defensivo do Miño, propomos que sen ningunha demora se  executen ás obras necesarias para poder dispor deses aseos, tanto para persoas con discapacidade, como para mulleres e para homes. 


  Tamén queremos informar que si ben durante varias semanas a Fortaleza de Santa Cruz estivo pechada o público, e non existían carteles cos horarios de visita, como oportunamente comentamos neste xornal dixital, a día de hoxe podemos decir que o recinto conta con un horario de apertura de 10:00 á 19:00 horas. Entendemos que para á tempada de inverno que fai uns días rematou, pudo ser válido, pero consideramos que de cara o verán, ese horario debera ampliarse, sobor de todo pola tarde, ata ás 20:00 h., se fora posíbel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario