26 de mar. de 2014

A GUARDA

RENOVACIÓN DO CONVENIO CO CONCELLO DE O ROSAL PARA O TRATAMENTO DE AGUAS RESIDUAIS NA E.D.A.R . DE A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTOU UNHA MOCIÓN O EFECTO

            Somos coñecedores de que o servicio que presta a Estación Depuradora de Augas Residuais (E.D.A.R.) de A Guarda, é un servicio moi necesario e útil, pero tamén temos comprobado que representa un alto custe económico as arcas municipais, tanto no séu funcionamento, como no mantenimento de ditas instalacións e infraestructuras.

            Queremos destacar, que dende fai úns anos, este servicio é compartido co Concello de O Rosal, para o cal existe un convenio, partindo desta premisa, queremos sinalizar os seguintes datos: o importe de 110.000,oo €/ano, que aporta o Concello de O Rosal, leva varios anos na mesma condición, nin se actualiza dita cantidade en función do I.P.C., nin se revisa en ningún sentido, namentras dito Concello, en aras a un mellor servicio os cidadáns vai incrementando a cantidade volumétrica  de augas residuais enviadas e tratadas na E.D.A.R. de A Guarda.

            Poñendo sobre a mesa os datos que temos, podemos ollar como no ano 2.008, se enviaron dende O Rosal 311.253 m/3, durante o pasado ano 2013 e ata setembro, as cantidades enviadas eran 814.064 m/3, polo tanto hai un incremento de 500.000 m/3, o cal representa un incremento porcentual dún 161,54%.

            Resulta evidente que namentras a cantidade de aportación económica segue sendo a mesma, a cantidade de auga residual enviada multiplícase nún 2,6

            E de destacar, que co paso do tempo, as reparacións das instalacións son máis seguidas, dado que a “vida útil” de maquinaria e aparellos necesarios para o séu normal funcionamento vaise reducindo.

            Por todo o exposto, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a propoñer para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:

            a).- O Concello de A Guarda, dará inicio as negociacións pertinentes co Concello de O Rosal para elaborar un novo convenio sobre o uso compartido da E.D.A.R. actualizando o aporte económico, vixencia, duración, revisión e dereitos das dúas partes implicadas.

A Guarda, a 12 de marzo de 2014
   
                    Beatriz Estévez Álvarez                
Concelleira-Portavoz de Converxencia Galega
  
 Sr. Alcalde-Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario