24 de mar. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

A CIG-Ensino ante o escrito enviado á prensa por un grupo de persoas traballadoras no San Xerome, o pasado 17 de marzo, quere aclarar:


 Respecto da represión, que as persoas que asinan o documento, entre as que se atopan cargos directivos e o propio xerente do San Xerome, manifesten que traballan nun ambiente de cordialidade e que nunca se sentiron vítimas de represión, non significa que non haxa persoas que se sintan nesas condicións, e que como xa manifestamos no seu día pode sustentarse, por exemplo, na negación de permisos ou na selección das persoas que se despiden.

 É inadecuado cualificar de “campaña demagóxica de desprestixio” as lexítimas reivindicacións das traballadoras e traballadores que se senten lesionados nos seus dereitos, máxime cando esa lesión atinxe a categoría de despedimento, o maior ataque que pode recibir un/ha traballador/a.

 Negamos que exista pasividade por parte das e dos representantes sindicais, non se pode facer tal afirmación cando estas persoas que asinan, como traballadoras que son do centro, foron convocadas a todas e cada unha das asembleas que desde o día 5 de abril, en que se produciron os despedimentos, foron realizadas:
  • 17 de abril de 2013 e 26 de xuño de 2013, asembleas en que se falou dos despedimentos e se valorou a acción reivindicativa a desenvolver.
  • Decembro de 2013 para informar do Complemento de Desenvolvemento Profesional
  • 12 de febreiro de 2014 en que se falou do Calendario laboral, formación e outros temas.
 Nestas asembleas participaron todas as persoas que o desexaron e entre elas algunhas das asinantes.

 Cabe sinalar que na asemblea solicitada por un grupo de traballadores, con data tamén do 12 de febreiro, compareceron os delegados de persoal para darlle validez á asemblea (requisito establecido polo Estatuto dos traballadores), rematando esta cun acordo unánime das e dos traballadores sobre o calendario de traballo para o ano 2014, en que se manifestaba o respecto ás condicións individuais de cada traballador.

 A maiores as delegadas e o delegado de persoal puxeron a disposición das traballadoras que así llo solicitaron: copia do convenio, estatuto dos traballadores e prego de prescrición técnicas que debe reunir a empresa para cumprir o convenio subscrito coa Xunta.

 Finalmente manifestamos que seguimos estando á súa disposición e que seguiremos informándoas e convocándoas ás asembleas que se realicen e que contarán co asesoramento destes delegados de persoal cando así o precisen e o demanden.

A Guarda, 24 de marzo de 2014.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario