28 de feb. de 2014

PONTEVEDRA

As bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia e os concellos disporán de 30 días hábiles para presentar solicitudes

O PLENO DA DEPUTACIÓN APROBA, COS VOTOS DE PP E PSOE, O PLAN URXENTE DE ACTUACIÓNS NOS CONCELLOS, CUN INVESTIMENTO DE 15 MILLÓNS
O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou esta mañá, cos votos favorables de PP e PSOE e a abstención do BNG, o plan urxente de mantemento de servizos e infraestruturas municipais.
Con este plan, a Administración provincial pretende que os concellos poidan, entre outras actuacións, afrontar os cuantiosos danos que os sucesivos temporais e borrascas ocasionaron nas infraestruturas municipais.
Con este obxectivo, a Deputación destina 15 millóns de euros a os concellos de entre 1.000 e 50.000 habitantes,  que deberán presentar as súas solicitudes no prazo de 30 días hábiles contados a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, prevista para a vindeira semana.
Os concellos deberán presentar xunto coa solicitude o proxecto ou proxectos que pretenden levar a cabo e para os que demandan o apoio da Deputación e, co obxectivo de axilizar o máximo posible as actuacións, serán os propios municipios os que se encarguen da contratación dos traballos.

Estes investimentos súmanse ao plan de emprego que a Deputación xa puxo en marcha e que lle vai permitir aos municipios contar tamén cuns 800 operarios para a realización de traballos urxentes en espazos públicos e para a prestación de servizos prioritarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario