28 de feb. de 2014

A GUARDA

A Deputación aprobou esta mañá o expediente de contratación
A DEPUTACIÓN SACA A LICITACIÓN A URBANIZACIÓN DA RÚA CAL E DA TRAVESÍA CANAL, EN A GUARDA, POR UN IMPORTE DE 106.538,51 EUROS

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o expediente de contratación das obras de urbanización da Rúa Cal e da Travesía Canal, no concello de A Guarda, nas que a Deputación investirá 106.538,51 euros.
Na rúa Cal está previsto pavimentar un novo treito desta rúa, concretamente no seu entronque coa circunvalación, dotándoa de lousas de granito abuxardado, de características similares ao xa existente no resto da rúa.
Pola súa banda, na Travesía Canal realizaranse traballos de urbanización, adecuando os servizos de saneamento, abastecemento e iluminación e tamén se actuará na pavimentación, mantendo o centro da calzada en granito, pero substituindo os panos laterais por unha soleira de formigón apto para o tránsito rodado.
En canto á rede de saneamento desta rúa, substituirase o actual sistema de recollida conxunta de pluviais e fecais, por un sistema separativo. Isto implicará cambiar a actual canalización única por dúas novas redes en PVC.

Así mesmo, substitúese a canalización da rede de alumeado público e instalaranse diversas luminarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario