6 de feb. de 2014

O ROSAL

A DEPUTACIÓN DESTINA 112.000 EUROS A OBRAS DE ABASTECEMENTO NO CONCELLO DE O ROSAL


O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a convocatoria do procedemento aberto para a contratación dos traballos

·       As obras consistirán na mellora do depósito de Martín
·       As empresas interesadas en executar estas obras poderán presentar as súas ofertas ata o 3 de marzo
O Boletín Oficial da Provincia publica onte a convocatoria do procedemento aberto para a contratación das obras de mellora do depósito municipal de augas de Martín, no concello de O Rosal, que contan cun orzamento de 112.244,83 euros e un prazo de execución de 3 meses.
As empresas interesadas en executar estas obras poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 3 de marzo.
As obras están orientadas a corrixir estes danos e mellorar o rendemento do depósito e as súas condicións de salubridade.

O depósito, que ten unha capacidade de máis de 1.600 metros cúbicos e dá servizo aos veciños de Martín, presenta gretas e falta de impermeabilización na cuberta, polo que se producen filtracións ao interior e danos en vigas e piares; así mesmo, presenta fisuras nas paredes exteriores e desprendemento do material de revestimento interior, ocasionándose perdas de auga e problemas de salubridade polo mal estado interno do depósito, que tamén ten deficiencias no solado.

Os traballos consistirán na demolición do forxado da cuberta e á construción dunha nova, a base de lousa oca prefabricada de formigón, que se colocará sobre os piares existentes reforzados e sobre novas vigas prefabricadas.
Tamén se procederá á limpeza de parámetros verticais exteriores, nos que se aplicará adhesivo epoxi, colocaranse grampas para pechar as fisuras e selaranse.

Os paramentos interiores limparanse con chorro de auga a presión e posteriormente aplicaráselle un tratamento impermeabilizante.
Finalmente, dotarase dunha solera con pendente e arqueta de recollida para facilitar as labores de limpeza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario