AFECTADOS POLAS PREFERENTES TÓPANSE CON TRABAS NO CONCELLO DO ROSAL PARA ENTREGAR OS RECURSOS DAS SANCIÓNS IMPOSTAS POLO ALCALDE
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
Esta mañán uns cincuenta preferentistas do Baixo Miño concentrábanse na Praza do Calvario condeando a represión que están a sofrir mediante sancións administrativas, e, que aínda quedan 35.000 galegos por recuperar a totalidade dos seus aforros.
Chegadas ás once da mañá os afectados que foron sancionados polo rexedor rosaleiro atopáronse con que se lles impedía a entrada á Casa Consistorial, na cal precisaban entregar os recursos das sancións impostas no Rexistro Municipal.
Tras dialogar pacíficamente coa Policía Local, e dar coñecemento de que se informou á Subdelegación disto, decidiron deixar pasar aos afectados, mais, de dous en dous.
Despois de preguntar moreas de veces cal é a Ordeanza Municipal que impide o paso aos afectados ao Concello (dez sancionados), a única resposta que obtivemos dos axentes da policía foi que tiñamos que dirixirnos ao Alcalde. E así se fixo, pero como é habitual dende hai case dous anos, o Rexedor non recibíu a ningún afectado, así pois, nos diriximos por escrito, esperando a súa resposta.
Ao mesmo tempo, outros afectados do Baixo Miño, esperaban a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nos arredores da Escola Infantil de Tui. Nesta ocasión, Yolanda Viñas dirixiuse á Conselleira para pedirlle explicacións do que está acontecer, "(...) como é posíbel que ademáis de non recuperarmos os aforros, se nos sancione con multas irregulares e manipuladas (...)", pondo o exemplo claro das sancións de Tui e O Rosal.
Lamentábelmente, a Conselleira, e os edis de Tui alí presentes, somentes se ceñiron a escoitar, sen acadar ningún tipo de compromiso cos afectados, tónica habitual do Governo do PP dende hai dous anos e medio.
Así pois, vendo esta situación, a plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño, reiteran en que non van saír da rúa até recupera-lo 100% dos aforros, e, a retirada das sancións impostas, acodindo a tódolos actos onde acoda o Goberno do PP.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario