CONVOCATORIA ABERTA DE APOIO Á
MARCHA DA DIGNIDADE GALEGA
Este chamamento vai dirixido ás asociacións, plataformas de afectados, grupos veciñais, organizacións políticas, intelectuais, artistas, e a todo tecido dos movementos sociais de Galicia, preocupad@s pola conxuntura que estamos a sofrir como cidadáns e como País.
É coñecido de tod@s que o vindeiro 22 de Marzo, van confluir en Madrid diversas columnas de cidadáns dos distintos territorios e nacións do estado español, para decir basta xa!, á política do goberno e da Troica. Esta iniciativa chamada Marchas da Dignidade, está a aglutinar á maioría do movemento sindical alternativo, ás organizacións políticas anticapitalistas e ós movementos sociais, ó longo e ancho do estado español.
Polo dito, as organizacións sindicais: CUT, CGT, CNT, SF-IN, S. Elevación, SLG e STEG, convidámote a integrar unha gran Plataforma Galega de apoio ás Marchas da Dignidade. Para o cal, o vindeiro martes día 11 de febreiro, ás 17 horas, vai ter lugar unha xuntanza no Centro Social O Pichel, na Rúa Santa Clara en Compostela.
Unha aperta fraternal, esperando o teu apoio e asistencia a esta inicitiva galega, solidaria e internacionalista.
O 22 de Marzo, @s galeg@s, tamén imos a Madrid!!.
NOTA: No caso de que non puderas asistir, podes comunicar o teu apoio á Plataforma ó enderezo: marchasdadignidade@gmail.com
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario