6 de feb. de 2014

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

PERIGO NA RÚA TUI

Fotografías: Anselmo Martínez Pena


  Anselmo Martínez Pena / A Guarda

   A Guarda, rúa Tui, xusto enfronte a unha edificación que leva como dous anos parada. As fotos mostran os restos de material de obra que se deixaron e que polo que vexo van seguir aí até a eternidade. O malo é que un palé con pedras sobresae da vertical do muro e por aí pasa xente... O vento non vai tirar as pedras, pero a podremia do palé segue o seu camiño. 

   Non sería conveniente que se retirasen as pedras que sobresaen do muro antes de que haxa unha desgraza?

Ningún comentario:

Publicar un comentario