MAR DE INVERNO
Mar de inverno. Dos de antes. Días e días de moito mar. De mar de fondo. De marusía.
Gamelas varadas. Pescadores en terra.
A quén lle importa se os pescadores non poden saír á faenar?
Con qué van pagar ás cuotas da Seguridade Social?
Quen se interesa por ese colectivo, sacrificado a máis non poder?
Quen?
Algúns, os que viven no quentiño, semellan non preocuparse do que lles poida acontecer os homes do mar.
Da falla de medios económicos para subsistiren eles e súas familias.
Urxe acadar máis sensibilidade. O bruar do mar, semella que arrola a máis de ún. Compre que os persoeiros desperten.
Hai moita xente que o está pasando mal.
E o mar segue ahí, batendo nas rochas, xerando escuma, engulindo vidas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario