II CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN
9 de marzo
Ás 10:30 h no Camping Santa Tecla (A Guarda)
Regulamento:
1º - O Club Polideportivo S.
Xerome, e S.A.Trega coa colaboura
da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Concello da
Guarda, Concello do Rosal,
a Deputación Provincial de Pontevedra
e a FEGADDI, organizan no Cámping Santa
Tecla en A Guarda o II Campo A Través Pola Integración S. Xerome, o próximo día 9 de marzo de
2014.
2º - O horario de
saída das carreiras ( e distancias aproximadas) será á seguinte:
10:00 – Prebenxamíns
mulleres e homes (Nados anos: 2.008 y 2.007) 500 m
10:10 –
Benxamíns mulleres e homes (Nados anos:
2.006 y 2.005) 500 m
10:20 – Alevíns
mulleres e homes (Nados anos: 2.004 e 2.003) 1.000 m .
10:30 – Infantiles
mulleres e homes (Nados anos: 2.002 e 2.001) 2.000 m .
10:40 – Cadetes
mulleres e homes (Nados anos: 2.000e 1.999) 2.500 m .
10:55 -
Xuvenil/Júnior mulleres e homes, (Nados anos: 1.998/97 e 1.996/95) 4.000 m .
11:45 - Sénior
feminina, (Nados anos: 1.994/93/92/91 ou antes) 6.000 m .
12:15 – Sénior homes, (Nados anos:1.994/93/92/91 ou
antes) 10.000 m .
3º - O campo a
través será popular e federado. Os atletas con discapacidade mulleres correrán
na categoría cadete, e os homes na categoría Xuvenil/Júnior. Os atletas con discapacidade que non son de competición percorrerán a distancia de 500 m .
4º - O prazo de
inscricións péchase o día antes da celebración da proba.
5º - O control e dirección das carreiras estará
a cargo dos voluntarios do S. Xerome e
S.A.Trega.
6º - As inscricións, serán ilimitadas e
deberán efectuarse por correo electrónico correo@sanxerome.com,
ou no
teléfono 692
100 182 a partir das 16 horas. Enviarase : Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha para os Federados, Club, Data nacemento,
teléfono ou e-mail de contacto.
7º - En todas as carreiras haberá unha
clasificación por categorías de ambolos dous sexos.Enviaranse por correo
electrónico ou no día da proba se aportan un pendrive. Os premios serán trofeos os tres primeiros clasificados de cada
categoría.
8º - Serán gañadores do II Campo a Través Pola Integración a primeira
atleta clasificada da carreira sénior
feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira sénior masculina
9º - Os participantes correrán cos gastos de
desprazamento.
10º - Todos os
dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da
confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada
carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.
11º - Os participantes
nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora
de comezo das súas carreiras.
12º - Dado o carácter popular non se admiten
reclamacións. Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por
escrito.
13º - O Club deportivo S. Xerome e S.A.Trega e os seus colaboradores
non se fan responsables sobre os posibles danos que co motivo da competición
poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos
que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
14º - O feito de inscribirse neste campo a
través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.
A
Guarda, Febreiro 2014
.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario