SOLIDARIEDADE E HISTORIA Á BEIRA DO MIÑO
O vindeiro domingo 29 de decembro terá lugar a II Camiñada Solidaria Valença – Tui. Aberto a todo tipo de participantes, este evento arrincará as 10:30 (hora española) dende a entrada á Muralla de Valença sita na avenida dos Combatentes da Grande Guerra onde rematará 3 horas mais tarde.
Asimesmo, ó longo de 9.5 quilómetros os participantes poderán disfrutar das explicacións do historiador tudense José Ramón Fernández, encargado da visita guiada.
Tódolos participantes deberán aportar xoguetes ou alimentos non perecedoiros que se entregaran posteriormente a ONG locais.
Organizada polo Club Deportivo Andatui-Regodapedra, coa colaboración do Concello de Tui e Cámara de Valença, esta camiñada promete ser unha boa combinación para estas datas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario