23 de dec. de 2013

A GUARDA

OS VOSOS VÍDEOS 

Tino Baz  
Cinsa namorada 
Arminda

 O gaiteiro e cantautor guardés, Tino Baz Baz, un auténtico tesouro da Cultura musical do noso país.  Foto: Infogauda




Arminda e os seus pantalóns...
...era unha muller revolucionaria...,
que pasou o que pasou,
hai muitos anos xa puña pantalóns!

Había rosas brancas na súa mirada triste,
murmuraballa o vento, as voces do dolor,
ben sabe Deus nunca lle molestaban,
pobre ela xa foi quen foi.

Ser perdedora non a molestaba,
ser muller, muller con pantalóns,
fixo que todas as mulleres sensibles
hoxe e sempre lle deran a razón.

A boina que levaba inmortalizouna,
andaba paseniño polo murallón,
diríalle ó mundo: "Que me chamen tola,
non o aborrezo pero son quen son".

Aquel xeneral non foi quen de reprimila,
negaba calquer clase de manifestación,
non daba dereito ao pobre con idioma
pero a Arminda ninguén lle quitaba os pantalóns.

Tino Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario