A
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ASINOU HOXE OS CONVENIOS COAS EMPRESAS DO II PLAN DE
PRÁCTICA LABORAL DO QUE SE BENEFICIAN CASE 500 BOLSEIROS
· Son unhas 400 empresas da provincia as que
se benefician deste programa, con un, dous ou tres bolseiros cada unha.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuniuse esta
tarde xunto Begoña Estévez e a xefa de
persoal, María Jesús Torres Peón, con representantes das empresas
adxudicatarias do II plan de práctica laboral para proceder á firma de
contratos.
Rafael Louzán destacou o carácter innovador desta
iniciativa pioneira que cumpre unha dobre función: Por unha banda, dar unha
primeira oportunidade a mozos e mozas titulados de obter experiencia laboral na profesión para a que se formaron e, en
consecuencia, mellorar as súas posibilidades de inserción laboral e evitar a
fuga de talentos; e por outra, ofrecer ás empresas a posibilidade de contar con persoal cualificado que ten moito que
aportar e que pode contribuír de forma decidida a mellorar os seus resultados.
O presidente da Deputación confía ademais en que tanto as
empresas como os 500 bolseiros que esta mañá xa tiveron a primeira toma de
contacto coas entidades nas que dende o vindeiro martes ou xoves se
incorporarán, aproveiten unha
oportunidade a través da cal se enriquecerán mutuamente.
Por outra banda, destacou que na medida en que se consiga
que o que hoxe se asina como bolsas de práctica laboral se converta en
contratos de traballo en 2015, abra nun futuro as portas “conseguindo que o que este país investiu en formar á súa xuventude
reverta na nosa sociedade por medio da mellora da competitividade, da
produtividade e da capacidade de xeración de riqueza, xa que non é xusto que
nós formemos talentos e persoal cualificado e sexa outro país o que lle saque
rendemento a ese investimento”.
Obrigas das empresas:
1. Garantir
que o bolseiro conte cun titor que o
asesore, colabore na súa formación e supervise as tarefas que realiza, para que
poida adquirir os coñecementos prácticos necesarios.
2. Cumprir
co programa formativo que co optaron ás bolsas, non encargándolle tarefas
alleas ao contido das súas prácticas
3. Contratar
ao bolseiro cando exista compromiso de inserción. De resultarlle totalmente
imposible, deberá xustificalo no prazo máximo de 3 meses desde que rematen as
prácticas.
4. Sufragar
os gastos de desprazamento e estancia, no caso de que o bolseiro deba realizar
algún traballo fóra do municipio no que se desenvolven as prácticas de forma
habitual.
5. Conceder
permiso aos bolseiros para a realización de exames de carácter oficial,
permitirlle a asistencia a accións formativas relacionadas coa súa titulación e
concederlle polo menos dous días hábiles libres ao mes, ademais do descanso
semanal legalmente establecido.

Ningún comentario:
Publicar un comentario