AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS E EMIGRANTES RETORNADOS ASISTIRÁN HOXE O PLENO DO CONCELLO DE TUI
Na imaxe, vista parcial dos afectados polas preferentes e subordinadas, xunto con emigrantes retornados, no Pleno da Deputación de Pontevedra da pasada semana.
Foto: José Luís García Portela
A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño asistirá este luns día 30 de decembro de 2013, xunto coa plataforma de emigrantes retornados, ao pleno extraordinario que se celebrará ás 09:00 horas na Casa do Concello de Tui.
A pesares de ser unha sesión plenaria extraordinaria, farán un chamamento á vontade do equipo de governo para poder intervir no mesmo, e así solicitar a retirada inmediata das sancións postas neste mesmo Concello aos afectados. E a súa vez solicitarán unha explicación das xestións levadas a cabo polo equipo de governo despois de asinar unha morea de mocións e compromisos que aínda están sen cumprir. Ademáis tamén preguntarán ao rexedor tudense por que non saíu na defensa dos seus veciños o pasado venres no pleno celebrado na Deputación de Pontevedra a pesares de pedirllo en reiteradas ocasións.
(R.)
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario