O CLUBE DEPORTIVO SAN XEROME E A SOCIEDADE ATLÉTICA DO TREGA ORGANIZAN O II CAMPO A TRAVÉS POLA INTEGRACIÓN
O Club Atletismo San Xerome, e a Sociedade Atlética Trega organizan o II Campo a Través pola Integración que terá lugar en Salcidos, o vindeiro día 9 de febreiro de 2014, con arranxo o seguinte:
Regulamento:
1º - O Club Atletismo San Xerome, e S. A. Trega
coa colaboura do Concello de A Guarda, Concello
de O Rosal, e Deputación de Pontevedra,
organizan no cámping Santa Tecla en A Guarda o 2º Campo a Través Pola
Integración San Xerome, o próximo día 9 de febreiro 2014.
2º - O horario de
saída das carreiras (distancia aproximada) será á seguinte:
10:00 –
Prebenxamíns mulleres e homes (Nados anos: 2.008 y 2.007) 500 m
10:10 –
Benxamíns mulleres e homes (Nados anos:
2.006 y 2.005) 500 m
10:20 – Alevíns
mulleres e homes (Nados anos: 2.004 e 2.003) 1.000 m.
10:30 – Infantiles
mulleres e homes (Nados anos: 2.002 e 2.001) 2.000 m.
10:40 – Cadetes
mulleres e homes (Nados anos: 2.000e 1.999) 2.500 m.
10:55 -
Xuvenil/Júnior mulleres e homes, (Nados anos: 1.998/97 e 1.996/95) 4.000 m.
11:45 -
Promesa/Sénior feminina, (Nados anos: 1.994/93/92/91 ou antes) 6.000 m.
12:15– Promesa/Sénior
homes, (Nados anos:1.994/93/92/91 ou antes) 10.000 m.
3º - O campo a través será popular e federado. Os atletas con discapacidade
mulleres correrán na categoría cadete, e os homes na categoría Xuvenil/Júnior.
4º - Oprazo de inscricións
péchase o día antes da celebración da proba.
5º- O control e dirección das carreiras estará
a cargo dos voluntarios do San Xerome e S.A.Trega.
6º - As inscricións, serán ilimitadas e
deberán efectuarse por correo electrónico correo@sanxerome.com, teléfono 692
100 182 a partir das 16 horas. Enviaranse na prantilla que aportamos. (LETRA
MAIÚSCULAS LEXIBLES), cubrindo tódolos campos (Nome, Apelidos, DNI,nº Ficha so
federados, Club, Data nacemento, teléfono)
7º - En todas as carreiras haberá unha
clasificación por categoríasde ambos los dous sexos.Enviaranse por correo
electrónico ou no día da proba se aportan un pendrive. Os premios serán trofeos
aos tres primeiros clasificados de cada categoría.
8º - Serán gañadores do 2º Campo a Través Pola
Integración a primeira atleta clasificada da carreira promesa-sénior feminina e
o primeiro atleta clasificado da carreira promesa-sénior masculina
9º - Os participantes correrán cos gastos de
desprazamento.
10º - Todos os
dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da
confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada
carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa.
11º - Os
participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos
antes da hora de comezo das súas carreiras.
12º - Dado o carácter popular non se admiten
reclamacións.Admitiranse propostas e criticas, agradecendo que sexan por
escrito.
13º - O Atletismo San Xerome e S.A.Trega e os
seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que co
motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen
prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora
correspondente.
14º - O feito de inscribirse neste campo a
través, implica a total aceptación do preceptuado no presente regulamento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario