28 de nov. de 2013

O ROSAL

XORNADA DE COOPERATIVISMO AGRARIO NO CONCELLO DO ROSAL


   AEDL / O Rosal

   O vindeiro mércores 4 de decembro celebrarase no Concello do Rosal unha xornada de cooperativismo agrario organizada pola Dirección Xeral de Traballo e Economía Social en colaboración coa Cámara de Comercio de Tui e o Concello do Rosal.  
  Trátase dunha xornada informativa sobre as potencialidades do cooperativismo no ámbito agrario, orientada a profesionais e emprendedores, axentes e entidades de fomento do emprego e do emprendemento, membros de empresas cooperativas e público en xeral.  
   A entrada é de balde e as inscricións se realizarán ate completar o aforo e por estrita orde de solicitude.  Información e inscrición: camaratui@camaratui.com ou aedl@concellodorosal.es e nos teléfonos 986 60 02 16 e 986 62 50 00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario