Posted: 01 Oct 2013 03:03 AM PDT
Este mércores 2 de outubro terá lugar a apertura da nova tempada da Casa da Lectura (Donas) coa actuación ás 18 horas de Cé Orquestra Pantasma. Os nenos e nenas poderán participar xogando, cantando e bailando á vez que adentraranse no mundo da literatura oral e da poesía a través do repertorio cheo de melodías, xogos e cantigas do “marabilloso home orquestra”.

|
Posted: 30 Sep 2013 11:17 PM PDT
O portavoz Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL), esixe ao alcalde Alberto Valverde, que aclare canto antes, "que cosas oscuras han sucedido entorno al PXOM, y explique todos los teje manejes vividos en los últimos meses”. O edil centrista refírese ás mutuas acusacións no último pleno de Nigrán entre o alcalde Valverde e o seu ex tenente de alcaldía Ignacio Vilas. “Acusaciones que incluso han llegado a desvelarse, de algún posible pelotazo urbanístico en el PXOM, así como presuntas conexiones entre el equipo redactor y algún gabinete de arquitectura, por lo que se han encendido todas las alarmas y sembrado graves sombras sobre el futuro -cada vez más incierto- del Plan”, sinala Fernández.

|
Posted: 30 Sep 2013 11:15 PM PDT
Un grupo de operarios do Concello de Gondomar atopou un antigo paso de pescadores entre as silveiras durante unhas tarefas de limpeza do río Zamáns, á altura da Praza de Abastos. Dende o Concello sinálase que o lugar foi acondicionado polos traballadores retirando a vexetación que o cubría.

|
Posted: 30 Sep 2013 11:14 PM PDT
A Asociación de Veciños "Chandebrito 1807", denuncia que solicitou hai meses e por escrito ao Concello de Nigrán que realizara de xeito urxente os necesarios traballos de roza e poda de piñeiros na parcela de titularidade municipal na que se sitúa na antiga escola infantil desta parroquia (sen actividade escolar dende o ano 2009).

|
Ningún comentario:
Publicar un comentario