26 de out. de 2013

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN APROBA UN CONVENIO DE 442.000 € PARA DOTAR AO CAMPO DA MERCED, EN VILABOA, DE HERBA ARTIFICIAL, GRADARIO E ACCESOS

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, un convenio co Concello de Vilaboa, por  un importe de 442.474 €,  para dotar ao campo de fútbol de A Mercede, ao lado da Reitoral de Santa Cristina de Cobres, de herba sintética, gradarío e accesos. A Deputación aportará 303.452 € e o Concello 139.023 €.
Este campo é unha infraestrutura moi utilizada e en bastante mal estado, de tal xeito que o propio presidente Louzán visitou repetidas veces a instalación para propulsar a súa mellora.
O campo é utilizado pola UDC Vilaboa. Trátase dun club con máis de 40 anos de historia que leva traballando moito nos últimos anos por favorecer a base. Ademais, as instalacións poderán ser utilizadas por outros equipos do concello, como o San Adrían ou o Figueirido, así como pola Escola de Fútbol de Cobres, que nestes momentos conta con perto de 100 fichas federativas. Tamén poderá ser usado polo Bértola feminino e polos dous equipos de veteráns do municpio, o Cobres e o San Adrián.
O actual terreo de xogo é de 100 x 65 metros, e na actualidade só conta cunha grada moi deteriorada e mal ubicada. O campo conta con moita afluencia de público e deportistas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario