15 de out. de 2013

GONDOMAR

Homenaxe do IEM a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal Lois Tobío

IEM / Val Miñor
O vindeiro venres 18 de outubro ás 20 horas terá lugar un espectáculo musical en homenaxe a Rosalía de Castro no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío. O acto contará coa participación do escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro e a intervención dos grupos musicais: 2naFronteira, Son do Val, Kogito-Ska feito na Galiza, Conservatorio de Música do Concello de Gondomar, Xardín Desordenado e o Coro Tradicional Cantares do Brión. Conducirán o acto Marta Dacosta e Rexina Vega. Entrada libre ata completar aforo.
A actividade enmárcase nas homenaxes preparadas polo IEM a Rosalía de Castro, as que inclúen a celebración do Xantar Rosaliano (de prazas limitadas) a desenvolverse o día sábado nas instalacións do Pazo da Escola en Mañufe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario