5
CONCELLOS DA COMARCA DE BAIXO MIÑO SE BENEFICIARÁN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS
DO PROGRAMA ACTÍVATE DA DEPUTACIÓN
·
O plan conta cun orzamento de 102.200 euros e ofrecerá oportunidades de formación en
diferentes ámbitos
Un total de 1.174 mozos e mozas de entre 16 e 35 anos de
45 concellos, se beneficiarán das actividades formativas do programa Actívate 2013 posto en marcha pola
Deputación de Pontevedra, 6 cursos en 5 concellos da comarca do Baixo Miño.
O plan conta cun orzamento de 102.200 euros, co que se pretende
ofrecerlle á xuventude oportunidades de formación en ámbitos que resultan do
seu interese e que poden contribuír a mellorar a súa capacitación, fomentar
relacións de cooperación e xerar novos modos de ocupación do lecer.
Os beneficiados son concellos de menos de 15.000
habitantes e as actividades formativas contan cunha duración máxima de 40 horas
e abarcan áreas como as novas tecnoloxías, a agricultura, a artesanía en papel,
vidro e outros materiais, as actividades artísticas, reparacións domésticas,
bricolaxe, cociña ou servizos ás persoas, entre outros. As accións formativas
contarán cunha parte eminentemente práctica, para garantir unha mellor
aprendizaxe.
BAIXO MIÑO
· A Guarda: Aplicacións de técnicas de seguridade e primeiros
auxilios
· Rosal: Conservación de alimentos, conservas artesanais
· Oia: Conservación de alimentos, conservas artesanais
· Tomiño: Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios
· Tui: Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios
-Coidados básicos para persoas maiores
Ningún comentario:
Publicar un comentario