10 de out. de 2013

A GUARDA

O MESTRE CANTEIRO ANXO FERREIRA ÁLVAREZ, RESTAUROU O CRUCEIRO DA PRAZA DE MANUEL ÁNGEL, NO MONTE SANTA TREGA 

Esa obra fora esnaquizada polo temporal do pasado 17 de febreiro de 2013

O mestre canteiro, Anxo Ferreira Álvarez, no intre de montar o cruceiro no seu emprazamento, na Praza de Manuel Ángel Álvarez, no Monte Santa Trega 

A imaxe da Virxe María foi restaurada por Anxo Ferreira

Anxo Ferreira tivo que esculpir á imaxe de Cristo crucificado 


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

O cruceiro que á familia do relembrado médico e emprendedor guardés, D. José Ramón Sobrino Arias había doado o concello de A Guarda, e que fora erixido na Praza do pintor Manuel Ángel Álvarez, no Monte Santa Trega, e que o temporal de choiva e vento do pasado 17 de febreiro de 2013,  guindou o chán, partíndoo en varios anacos; xa está reposto no seu lugar. Por encárrego do presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega, os traballos de restauración foron levados a bo termo polo mestre canteiro Anxo Ferreira Álvarez, de A Guarda.
Segundo puidemos comprobar "in situ", no obradoiro ao aire libre, no que Anxo Ferreira desenvolveu súa labor de restauración, o mestre canteiro tivo que facer de novo o varal e maila cruz, así como o Cristo crucificado. Somentes aproveitou a piaña - ou plataforma do cruceiro - o capitel, así como á imaxe de Virxe María, si ben houbo de ser restaurada. 
O que importa e que o cruceiro erixido en lembranza de D. José Ramón Sobrino Arias, xa está de novo, no seu lugar, e que os traballos de restauración foron feitos por un mestre canteiro de A Guarda, que ben pode ser continuador da tradición de bos canteiros populares que houbo no noso pobo, e que até o de agora non tiveron á merecida relembranza que deberían haber tido, nomeadamente no decurso dos actos do I Centenario da primeira romaría da Sociedade Pro-Monte Santa Trega. Non esquezamos que as obras de cantería do artístico Vía-Crucis do Monte Santa Trega foron desenvolvidas por mestres canteiros do noso pobo, entre eles Higinio Vicente Vicente, natural de Ribadavila (A Guarda). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario