2 de out. de 2013

A GUARDA

CURSO “VENDA NO PEQUENO COMERCIO”
PARA DESEMPREGADOS/AS




Érguete Baixo Miño / A Guarda

Convocamos un Curso de Venda en Pequeno Comercio  que vai dirixido a persoas sen emprego e con perfil profesional ou intereses dentro do ámbito do comercio. Enmárcase dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 380 h.

O curso consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira fase de formación teórico-practica e outra segunda fase de prácticas en empresas. A data de inicio será o mércores día 16 de outubro en horario de 08:30 a 14:30 h. As prácticas en centros de traballo realizarase durante o mes de decembro.

Esta actividade impartirase grazas á colaboración das cotas dos/as socios/as da Asociación, a Consellería de Traballo e Benestar  -Secretaría Xeral de Política Social-, o Fondo Social Europeo, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Rosal.

As persoas interesadas teñen que deixarnos o seu nome e un teléfono de contacto para establecer unha cita para a entrevista. As prazas son limitadas e o curso é totalmente gratuíto. Remata o prazo o venres día 11 de outubro.



Solicita máis información na r/Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º piso) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407 ou no e-mail  info@erguete.org   

Ningún comentario:

Publicar un comentario