3 de set. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 02 Sep 2013 11:50 AM PDT
atsa-baionaO PSOE denuncia que a Xunta de Galicia segue sen desautorizar á empresa concesionaria do servizo de transporte público, ATSA, na súa "pretensión de redución drástica do servizo". Nese senso o portavoz Juan González (Nigrán), sinala que "En Chandebrito, Camos, Panxón e Parada o servizo público de viaxeiros quedará reducido ao mínimo".
Os socialistas tamén rexeitan as declaracións do rexedor de Nigrán, Alberto Valverde (PP), nas que sinalaba ao alcalde de Vigo, Abel Caballero (PSOE) como responsable da falla de funcionamento do órgano supramunicipal que podería solucionar o problema do transporte público metropolitano.
 
Posted: 02 Sep 2013 09:30 AM PDT
lume-donas-O lume ten lugar a pouca distancia do Castro da Pedra Moura, onde se atopa o espazo castrexo musealizado.
-Actualización : 20 horas. Controlado o lume na parroquia de Santa Baia de Donas. De momento sen estimación da superficie afectada polo lume.
-Actualización: 19 horas. O lume sigue activo e Medio Rural mobiliza para o combate do incendio a dous axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas e unha pala. Tamén dende o aire cinco helicópteros e un avión. Outras axencias tamén achegaron persoal ao lugar como Semprona, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local de Gondomar para tarefas de auxilio e asistencia.
 
Posted: 02 Sep 2013 07:50 AM PDT
atsa-O rexedor popular culpa ao seu par Abel Caballero polos atrancos no establecemento dunha política de transporte metropolitana.
-O alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade do Val Miñor pide ao BNG que fale co seu “socio” en Vigo, para solucionar a conformación do organismo supramunicipal.
O alcalde de Nigrán e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Alberto Valverde, rexeita a redución de liñas de ATSA. Afirma que as mesmas foron acometidas sen autorización da Xunta de Galicia á vez que pide ao goberno autonómico “que agilice al máximo los trámites administrativos pertinentes, con el fin de reducir a la mínima expresión el perjuicio que esta reestructuración de líneas, no autorizada por el gobierno autonómico, genera entre los vecinos de Nigrán y de todo el Val Miñor”.
 
Posted: 02 Sep 2013 03:35 AM PDT
O Concello de Nigrán, anuncia a realización dun curso de "Aprovisionamento e almacenaxe na venda", cunha duración de 40 horas, dirixido a persoas desempregadas e empadroadas no municipio.
Neste curso de formación o alumnado aprenderá a diferenciar e xestionar distintos tipos de stocks e inventarios, coñecerá as variables utilizadas habitualmente na súa xestión e os principais criterios de valoración de resultados, ao mesmo tempo que se familiarizará coa básica de distribución dun almacén e as técnicas de prevención de riscos na materia.
 
Posted: 02 Sep 2013 03:13 AM PDT
-A estancia inscríbese dentro do programa 'Vacacións en paz', posto en marcha pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
despedida- O acto de despedida celebrouse no Parque da Coelleira cunha merenda á que asistiron o alcalde do municipio, Fernando Guitián e a concelleira de Benestar Social, Patricia Durán; ademais dos nen@s e as súas familias de acollida
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario