1 de set. de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 29 Aug 2013 03:00 PM PDT
Vespa velutina nigrithorax MHNT dosMembros da Comunidade de Montes Santa Cristina de Sabarís alertan da presenza dun tipo de avespa asiática invasora e depredadora das abellas productoras de mel.
Fan un chamamento para localizar os niños no Val Miñor, desta especie invasora, dada a súa voracidade e capacidade reproductiva.
 
Posted: 30 Aug 2013 02:02 PM PDT
As instalacións deportivas municipais Dunas de Gaifar acollerán no próximo mes de setembro o I Torneo de Pádel Concello de Nigrán. A competición desenvolverase entre o 6 e o 13 de setembro, nos dous fins de semana entre esas datas. A previsión é que participen unhas 150 parellas de Nigrán e arredores. As inscricións, que pechan o próximo 4 de setembro, poden realizarse no teléfono 626 448 191 ou no correo electrónico magin33@gmail.com.
 
Posted: 30 Aug 2013 08:53 AM PDT
Tigres de Siberia nun espectaculo circense -Foto prensalibre.comCritica que hai tigres de Siberia que teñen que soportar 30º. Por iso, esixe das administracións locais que non promovan nin apoien actividades que supoñan un maltrato cara os animais.
A asociación ecolóxica Verdegaia acaba de denunciar un novo caso de maltrato animal. Nesta ocasión, nun circo que estes días actúa en Nigrán. Así, critica que nas instalacións do circo Wonderland existen tigres de Siberia que tiveron que soportar temperaturas de 30º.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario