27 de set. de 2013

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "SANTIAGO RUIZ"



O concurso consistirá na presentación dunha fotografía orixinal por persoa nesta páxina de evento e acompañada dun título. A temática será a vendima e o mundo que rodea o viño, con motivo da celebración da III Festa da Vendima, concurso que adicamos a figura do viticultor "Santiago Ruiz", coñecido como "o pai do albariño", e que se converteu no primeiro embaixador dos viños Rias Baixas, dando a coñecer o viño albariño por toda a nosa xeografía.

As dez fotografías que obteñan máis me gustas serán expostas o día da Festa, e delas sairá a fotografía gañadora, que será elexida ese mesmo día por un xurado formado por veciños do pobo.
O plazo de presentación de fotos e me gustas nesta páxina terá como último día o 3 de outubro. 
A Festa da Vendima resérvase o dereito de usar ditas fotografías no soporte ou medio que decida.

O premio do gañador será unha cesta de viños e licores, e tamén haberá un agasallo para o segundo e terceiro posto, dos que se fará entrega o día da festa "in situ" (nada de envios por correo).

Organiza a Src San Miguel

+ INFO

Ningún comentario:

Publicar un comentario