A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PREFERENTES E SUBORDINADAS DO BAIXO MIÑO AGARDA VER O ALCALDE DE TUI, XUNTO CO SEU EQUIPO DE GOBERNO, NO PLENO EXTRAORDINARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Copias das facturas que a Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño lle fixo entrega o rexedor tudense
Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño
A plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño lle fai entrega ao rexedor tudense, dúas facturas tralo destrozo do material cedido por un grupo de monologuistas do Baixo Miño tralo desaloxo do salón de plenos dos afectados.
Este material era unha caixa fúnebre que os cómicos empregaban nas súas actuacións, e lla emprestaron de xeito temporal á plataforma coma medida de apoio. Durante o desaloxo, esta caixa desapareceu, ao igual que unha serie de pancartas reivindicativas.
A plataforma tamén se pregunta por que motivo dende que Moisés Rodríguez leva a presidencia da Mancomunidade, non pagou ningún autobús da plataforma, debendo até o de agora 6 autobuses. Pois hai un acordo de que a Mancomunidade se faría cargo dos autobuses que os afectados empregan para mobilizacións a nivel nacional, xa que se entende de que éstes xa teñen gastos dabondo tras quedarse sen os seus aforros.
Aproveitamos para dar traslado de que os afectados esperan ver ao rexedor xunto co seu equipo de goberno, no pleno extraordinario da Deputación que se celebrará o vindeiro venres, e, se tratará exclusivamente das preferentes e subordinadas. Desexamos contar co seu verdadeiro apoio como nos medios este dí que nos traslada, e dicimos nos medios, porque tralo desaloxo dos afectados, o rexedor non voltou a recibir aos portavoces da plataforma, nin viron feitos que así o constaten. De feito o único día que nos recibiu, somentes para facerlle entrega dun escrito solicitando unha solución, que aínda non respostou, un dos portavoces da plataforma, Xulio Vicente, foi denunciado inxustamente por un membro da Policía local de Tui, diante do rexedor e do concelleiro de seguridade e tráfico.


Ningún comentario:
Publicar un comentario