16 de xul. de 2013

GALICIA

MIGUEL ÁNGEL REVILLA COMPARTE ÁS REIVINDICACIÓNS DOS AFECTADOS POLAS ESTAFAS BANCARIAS

  Miguel Ángel Revilla, xunto con varias persoas da Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

O pasado venres afectados polas preferentes e subordinadas tiveron un encontro, en Bueu, co ex-presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla para darlle traslado a problemática desta estafa masiva, e solicitarlle-lo seu apoio e a demanda pública da represión policial que están a sofrir.

Pola súa banda o señor Revilla non somentes escoitou as peticións dos afectados para así darlles traslado nos medios de comunicación, senón que, tamén comparte as súas reivindicacións e os animou a seguir na súa loita pacífica a prol dunha solución política pola cal se lles devolvan o 100% dos aforros a tódolos estafados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario