"DÚAS OLLADAS"
CHARO TRIGO E PILI ÁLVAREZ, EXPOÑEN NA GALERÍA DE ARTE CAMINHENSE
A mostra conxunta pode visitarse ata o día 22 de xullo
Charo Trigo, pintora de A Guarda e Pili Álvarez, pintora de O Rosal
Ricardo Rodríguez Vicente / Caminha
Dúas mulleres galegas, naturais e veciñas de A Guarda e do Rosal, respectivamente, con idénticos retos persoais e con vocacións artísticas paralelas, comparten ata o vindeiro día 22 deste mes de xullo, á Galería de Arte Caminhense. Alí, a carón do Terreiro (chamado oficialmente Praza Conselheiro Silva Torres), hai unha mostra artística que compre visitar. Leva por título xenérico "Dúas olladas". As artífices desa exposición son Charo Trigo e Pili Álvarez.

"Dúas olladas" é, ademáis do froito dunha traxectoria persoal de cada unha delas, á demostración da labor que cada pintora ten desenvolvido o longo de unha ampla tempada de adicación á Arte.

Na exposición hai variedade de estilos e de temática. Figuras, frores, paisaxes,..., con un cromatismo que convida o deleite na contemplación de tanta fermosura.
A vila e concello de Caminha, que ofrece moitas propostas de lecer, ten nestes días de xullo, unha suxerencia artística que recomendamos: "Dúas olladas".



Ningún comentario:
Publicar un comentario