20 de xuño de 2013

VAL MIÑOR

Posted: 19 Jun 2013 06:37 PM PDT
Momento dunha manifestación - ByCCNC Galiza NovaGaliza Nova denuncia sancións por valor de 360 euros a sete estudantes, catro deles desa formación, por repartir folletos da folga contra a Lomce en maio do 2012. O colectivo nacionalista alega que, a diferenza do que consta na denuncia policial, estas persoas non estaban a participar na manifestación de Vigo, que non fora comunicada, nin tampouco produciron desordes públicas.
 
Posted: 19 Jun 2013 03:52 PM PDT
talaso-Este hotel-balneario, cunha orde de derrubo pendente desde o 2009, segue a súa actividade con normalidade. Conta co apoio explícito dos alcaldes e dos empresarios da zona. O seu propietario confía en que Feijóo "tome cartas" no asunto. Galiza Non se Vende critica a implicación política nunha decisión xudicial.
 
Posted: 19 Jun 2013 03:22 PM PDT
terminal gondomar- Fernando Guitián sostivo unha reunión coas empresas na que tamén demandou a resolución do "conflito de competencias" polo que os autobuses de ATSA non entran en Gondomar deixando os pasaxeiros en Mañufe.
-Na xuntanza, o rexedor trasladou o seu rexeitamento fronte á redución de liñas planificada polas empresas.
O Concello de Gondomar non aceptará aredución de liñas proposta polas empresas Melytour e ATSA e formula un acordo entre ambas as dúas para compartir horarios. Así reiterouno o alcalde do municipio, Fernando Guitián, nunha reunión mantida co Director Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Miguel Rodríguez Bugarín, e representantes de ambas as dúas empresas de transporte.
 
Posted: 19 Jun 2013 02:38 AM PDT
fnarla1O Centro Neural de Gondomar albergou onte mércores 19 de xuño ás 20.30 horas a presentación da novela histórica "Assur", de Francisco Narla. O acto, organizado pola librería Libraida, complementouse cunha charla sobre os viquingos en Galicia.
 







Ningún comentario:

Publicar un comentario