82 aniversario da declaración do conxunto monacal de Santa María de Oia como monumento histórico-artístico de interese nacional (Xuño de 1931)
ACAMO / Oia
Outro
ano mais, (o terceiro consecutivo) a Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de
Oia (ACAMO), celebra a efemérides da declaración de 1931, do conxunto
monacal de Santa María de Oia, como monumento histórico-artístico de interese
nacional. O conxunto monacal de Oia é o resultado de diferentes obras
comenzadas a finais do século XII.
-
Dado
que o mesmo ano de 1931 cando se declaraba bén de interese nacional o
Monasterio, facíase tamén co castro de Santa Trega, as actividades deste ano contemplan a
realización dunha andaina dende A Guarda
ata Oia o día 22 de xuño, en colaboración co Concello da Guarda, cubrindo unha
etapa do camiño de Santiago, nun intento de publicitar, e revindicar esta vía
xacobea pola costa que ten o seu paso
por Oia, e ao conxunto monacal como un dos seus monumentos mais relevantes. A marcha saira da Alameda da Guarda as
9,30 da mañán do sábado 22 de xuño. Saída e chegada a Guarda. Quen finalice en
Oia retornará á Guarda polos seus propios medios. No percorrido visitaranse
as ermidas da Guía en A Guarda e San Xián en O Rosal.
-
En
colaboración coa empresa Residencial Santa Mª de Oia, propietaria das
dependencias monacais, procederase a abrir
o mosteiro entre as 16, 30 h e as
20,30 h do sábado 22 de xuño. Así mesmo en colaboración coa parroquia de
Santa Mª de Oia, abrirase a igrexa.
-
Os
visitantes poderán circular libremente polo interior do espazo monacal nas áreas
autorizadas, contando co asesoramento dos colaboradores da Asociación Amigos do Mosteiro
de Oia organizadora do evento. O precio do acceso será de 2 euros por persoa.
-
Para os
que desexen unha información detallada da evolución histórica do conxunto, ofrécese
a posibilidade de sumarse ás visitas
guiadas que se realizarán ás 17,00 e ás 19,00 horas, sen incremento do prezo de
acceso. Nese caso agradecemos que utilizasen o correo acamo.oia@gmail.com
para comunicalo.
A
Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia con estas actividades pretende
seguir chamando a atención sobre a
preocupante situación do conxunto, e coa recaudación do custo da entrada, continuar
a actividade iniciada fai tres anos, de frenar no posible o deterioro que
afecta á igrexa, e ó seu patrimonio. Así no último ano, restauráronse 4
candelabros, e unha cruz de culto, repuxéronse dúas ventás, e coa colaboración
da Deputación Provincial restaurouse unha talla de San Xosé de 1700.
Na
actualidade en colaboración coa Escola Superior
de Conservación, e Restauración de Bens de Interese Cultural de Galicia, está
en marcha o estudo, e recuperación dun retablo de principios do século XVIII.
Como obxetivos inmediatos preténdese
seguir sustituíndo as ventanas rotas da igrexa, para mellorar as condicións
ambientais do seu interior, e evitar o deterioro do patrimonio moble; a
restauración dunha talla medieval de San Antonio, e iluminar as capelas do
cruceiro, o que mellorará as condicións tanto para o culto como para a
contemplación do edificio, auténtica xoia da arquitectura cisterciense.
A Asociación Amigos dol Mosteiro de Oia quere
agradecer o apoio de todas as persoas, Institucións, e medios de comunicación
que comparten, e colaboran con nos nestas iniciativas en defensa do noso
patrimonio histórico.
Para mais información contactar con: acamo.oia@gmail.com, ou no Facebook : Acamo Oia.
Visite a nosa web: www.acamo.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario