18 de xuño de 2013

BAIXO MIÑO

A Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño esixe arbitraxe para todos


Plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño

Dende a plataforma de afectados polas preferentes e subordinadas do Baixo Miño informamos de que, debido a que este martes 18 de xuño, coincidindo co fin de solicitude de arbitraxe, abre no Concello de Tui unha oficina de asesoramento para afectados de vía xudicial, nos concentraremos na Praza do Concello para condenar esta acción e esixir arbitraxe para todos coma se nos prometeu, e, do mesmo xeito na Praza do Calvario do Rosal, a pesares de que alí aínda non se vai abrir dita asesoría.

Pola tarde temos convocada unha reunión con tódolos grupos políticos da Comarca do Baixo Miño con tódolos afectados da plataforma. Será na Casa da Cultura ás 20:30h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario