25 ANIVERSARIO DA TABERNA O LAGAR EN EIRAS
·
O día 10 de Xuño cumplense 25 anos da
apertura da Taberna O Lagar en Eiras. Motivo polo cual imos celebrar unha
pequena festa de aniversario cos nosos clientes e amigos. Nela tomaremos unhas
tapas e uns viños, acompañados da musica de Tino Baz e Nachito
·
O horario é de 20:30 a 22:00 horas
· A festa aniversario tera un custe de 15 € persoa,
que sera recaudado polos voluntarios da Cruz Vermella do Baixo Miño, xa que a
recaudación é integra para eles, para fins sociais
· Por motivos de aforo e de previsións
recoméndase encarecidamente as persoas que queiran asistir nolo comuniquen
anticipadamente
O dez de Xuño … … ¡Estamos de Cumpre! Ese
día queremos “invitarvos” a tomar uns viños con nos, e como en calquera Taberna
que se preze teremos algo con que acompañalo. Gustaríanos moito poder contar
contigo, pois e contigo, con vos, con quen queremos celebralo, xa que entre vos
e nos levamos a Taberna adiante, e fixemos que a ilusión que tiñamos no 1988
continúe hoxe en día. Pero a pesares de que para nos é un día de festa, non
queremos esquecernos de quen o está a pasar mal. Imos pois, a por unha
“entrada” de quince euros, e todo o recadado irá para a Cruz Vermella Baixo
Miño. A idea é que o pasemos ben todos. Por motivos de aforo e de previsións
agradecémosvos moito que nos confirmedes a vosa asistencia.
Grazas por estar
aí, polo voso apoio.
Para
coñecer mais da nosa Taberna.
Ningún comentario:
Publicar un comentario