AS VOSAS IMAXES
A FONTE DE SANTA CATALINA: OUTRO EXEMPLO DA DESIDIA INSTALADA NO PODER MUNICIPAL

Foto: Bel Fernández Albor
Infogauda / A Guarda
Cada día son máis numerosos os veciños que adoitan dar á coñecer as "perlas" que pola inacción de algúns, poden ollarse en diferentes lugares do termo municipal de A Guarda. En moitas ocasións, as devanditas "perlas" son debidas, máis que por outro motivo, á desidia que semella estar instalada no poder municipal, ostentado por un grupo político que ademais de desouvir os veciños - e hai exemplos dabondo - semella ver pasar os días sen nengún tipo de estímulo por coidar as pequenas cousas. Como exemplo do que decimos, temos á imaxe do lavadoiro da Fonte de Santa Catalina, a carón da rúa Fernández Albor e da Senda Litoral. A fotografía é unha mostra do abandono existente. Do pouco interese en amosar a veciños e visitantes, un pobo coidado, que pola súa privilexiada situación xeográfica e pola labor de todos, escomenzando polo grupo chamado de goberno, sexa un referente entre os concellos turísticos que se precien como tales.
Ningún comentario:
Publicar un comentario