20 de abr. de 2013

GALICIA

Manifestación, este sábado en Vigo, dos Afectados polas Preferentes de toda Galicia


A Plataforma de afectados pola compra de Preferentes de Vigo-Val Miñor, ven de convocar unha manifestación en Vigo, este sábado, día 20 (11 h. no cruce de Aragón con Jenaro de la Fuente), contra as ‘quitas’ aos aforradores aprobadas polo Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) e ratificadas polo Congreso dos Deputados.
Na devandita manifestación estarán presentes todas as plataformas de afectados de Galicia, que representan a máis de 47.000 aforradores que teñen ‘atrapados’, en diferentes entidades, máis de 1.000 millóns de euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario