A PLATAFORMA
GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO PECHARASE MAÑÁ VENRES 12 NO IES DA
SANGRIÑA, A GUARDA CONTRA A LOMCE E OS RECORTES
DATA: 12 de abril
HORA: 17:45 horas
LUGAR: IES A Sangriña
Teléfono de contacto: 678477979
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público iniciará mañá 12 de abril no IES A
Sangriña da Guarda os peches rotatorios en contra da LOMCE e os
recortes no ensino público. Os medios de
comunicación poderán tomar imaxes e declaracións dos participantes a partir das
17:45 horas da tarde. O peche manterase até as 10 da mañá do día seguinte.
Os peches organizados pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
realízanse de xeito rotatorio ao longo de todo o mes de abril nas seguintes datas
e lugares:
-
9 de abril: SANTIAGO (IES Rosalía
de Castro)
-
10 de abril: A
Coruña (IES Menéndez Pidal)
-
11 de abril Carballo (IES Alfredo Brañas)
-
11 de abril Ferrol (CIFP Ferrolterra)
-
12 de abril A Guarda (IES A
Sangriña)
-
15 abril Carballo (IES Alfredo Brañas)
-
15 abril Cangas (IES Rodeira)
-
16 de abril LALIN (CEIP Xesus
Golmar)
-
17 abril LUGO (IES As Mercedes)
-
18 abril VERÍN (IES Xesús Taboada Chivite)
-
22 abril Burela (IES Monte Castelo)
-
22 abril OURENSE (Xefatura
territorial)
-
23 abril Cambados (IES Ramón Cabanillas)
-
24 abril Ribeira (IES Nº 1)
-
24 abril VIGO (IES San Tomé
Vigo)
-
25 abril GONDOMAR (IES Terra
de Turonio)
-
26 abril PONTEVEDRA (IES Torrente Ballester)
Estes peches teñen como obxectivo amosar o rexeitamento da comunidade
educativa no seu conxunto ao anteproxecto de LOMCE e a política de recortes coa
que o PP teima en castigar o ensino público galego (Achegamos manifesto da
Plataforma).
Plataforma Galega en Defensa do
Ensino Público
A Guarda, 11 de abril de 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario