27 de feb. de 2013

VAL MIÑOR


Posted: 26 Feb 2013 01:55 PM PST
gondomar-alcaldes-preferent
- Os rexedores populares afirman que non foron eles nin o PP os crearon o problema das preferentes e sinalan aos directivos das caixas galegas ademais do PSOE e ao BNG como responsables.

-Rexeitan a avanzada das plataformas de afectados por "boicotear os plenos" e "impedir o normal funcionamento das administracións locais".
- Aseguran que son solidarios coas persoas afectadas e que están a defender o seus intereses "desde o minuto un".
 
Posted: 26 Feb 2013 12:48 PM PST
A Concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán ten prevista a realización do curso necesario para a obtención do carné de Manipulación de Alimentos.
 
Posted: 26 Feb 2013 01:33 AM PST
Momento da visita dos turoperadores ao pazo de Cea
Os turoperadores coñeceron onte os principais atractivos turísticos do municipio.

EE.UU, Rumanía, Suecia, Finlandia, Holanda, Alemania, Austria, Italia, Xapón, República de Corea e España, os países de procedencia dos visitantes.
Nigrán recibiu onte no Pazo de Cea, a visita dunha vintena de turoperadores nacionais e estranxeiros, que no contexto da feira internacional de turismo Turexpo Galicia, desprazáronse até esta zona das Rías Baixas para descubrir os encantos do concello miñorán.
 
Posted: 26 Feb 2013 12:55 AM PST
Xabier P. Igrexas
O Pleno do Concello de Vigo decidiu onte, a proposta do BNG, iniciar os trámites para lle retirar a medalla de ouro da cidade a Julio Fernández Gayoso, ex presidente de Novagaliciabanco e outrora lider todopoderoso da vella Caixavigo. Semanas antes, o 4 de febreiro, o Concello da Coruña xa decidira quitarlle o título de “fillo predilecto” a José Luís Méndez, homólogo de Gayoso na antiga Caixagalicia. Mais o (merecido) agravio institucional con dúas das persoas que maior poder concentraron no noso país non remata aí. Por iniciativa da organización estudantil nacionalista Comités, as universidade de Vigo e de Coruña están a iniciar o proceso que concluirá coa retirada dos respectivos títulos de doutores honoris causa.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario