Á ASOCIACIÓN GALEGA DE VITICULTURA CONVOCA UNHA ASAMBLEA INFORMATIVA
Terá lugar o xoves 28 de febreiro, ás 20:00 h., no salón de actos da Sociedade Recreativa e Cultural San Miguel, de San Miguel de Tabagón
Este xoves 28 de febreiro, a Asociación Galega de Viticultura (A.G.V.) dará en O Rosal, a segunda das tres Asambleas informativas que se farán pola subzonas da D.O. Rías Baixas, sobre a situación real do que está acontecendo cos pagos de uvas das últimas vendimas.
Esta Asamblea informativa será no salón de actos da SRC San Miguel, en San Miguel de Tabagón, onde se abordará a situación que están vivindo viticultores da D.O. Rías Baixas, na que hai afectados sen facerlles efectivo o diñeiro de dúas campañas o que fai insostible a vida de algunhas familias e productores.
Esta situación agrávase coa crise no país, que esta facendo moito dano o sector do viño e coa falta de ingresos nas adegas fan difícil o pago os viticultores, “pero a Xunta de Galicia deu a espalda claramente os Contratos homologados que durante os últimos anos viñan dando unha estabilidade o sector e co finanzamento do I.G.A.P.E. facía que as adegas poideran facer os pagos os viticultores na súa totalidade en decembro” comentan dende a A.G.V.
Nas xuntanza tratarase de escoitar as inquedanzas dos viticultores afectados, informar de cómo está a situación neste momento e tratar de formalizar unha estratexia en defensa do viticultor para que se faga efectivo esas débedas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario