O chapapote do Prestige segue chegando ás praias dez anos despois do naufraxio
O Prestige, partido e a piques de afundir
© Nunca Máis
"Afortunadamente, a rápida intervención das autoridades españolas afastando o barco das costas fai que non temamos unha catástrofe ecolóxica", declarou en novembro de 2002 Miguel Arias Cañete, entón ministro de Agricultura de José María Aznar e hoxe tamén responsable de Medio Ambiente con Mariano Rajoy. Pero 10 anos despois do seu afundimento e en pleno xuízo aos presuntos culpables, o chapapote do Prestige segue chegando ás praias da Costa da Morte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario