9 de feb. de 2013

CULTURA

A rede soa en GZMúsica 
Desde hai case un ano, GZMúsica ofrece na rede unha plataforma para nos achegar á actualidade da nosa música. Axenda, informacións e descargas para estar ao día no que soa

Dani, GZMúsica

Detrás do portal GZMúsica móvese o crítico Dani Lavesedo xunto cun grupo de persoas que teñen o núcleo de actuación no Morrazo. Dúas no mantenemento da web, dúas na redacción de contidos e outras dúas en foto e video compoñen o voluntario equipo da plataforma que conmemorará o seu primeiro ano na rede o próximo 13 de abril cunha musical festa na Sala Son de Cangas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario