NOVOS CATÁLOGOS 2013 - CULTURACTIVA
O novo catálogo de Culturactiva para o 2013 chega con renovadas forzas en forma de circo, clown música, teatro, monólogos, ou pasarrúas. Todo integrado por compañías galegas, estatais e internacionais.
Convidámosvos a ver o catálogo máis completo e axustado ás necesidades de programación do país.
TEATRO | CLOWN | CIRCO
Non din que a risa alonga a vida? Este ano poderedes vivir moito e a esgalla ao carón de nomes clásicos como 'Os Sete Magníficos máis Un' ou ´Peter Punk´, se ben tamén chegan novos espectáculos de Circo Chosco, Yllana, Acontrabutaca, Leo Bassi ou A Tropa de Trapo. Ademais, incorporamos novas compañ&ia cute;as como ´Bandullo Azul´, ´Alba Sarraute´, ´Matrioshka Teatro´ouIsabel Risco e un longo etcétera ata un total de 35 compañías e máis de 50 espectáculos ao voso dispor!!
MÚSICA
A volta dos grandes Pandeiromus é unha das novidades incluídas no noso ROSTER 2013. Pregúntanos por eles! Pero as novidades non están só na música tradicional, senón que tamén faremos teremos novo disco e novo directo de 'A Compañía do Ruído', novo directo dos ourensanos ´O Sonoro Maxín´ e xa no plano internacional, traeremos en exclusiva a ´Txarango´ e 'La Troba Kung Fu' a Galicia, 2 das millores bandas do estado, sen dúbida!
PROGRAMACIÓNS
E sabes o que é a Verbena Galega? Dirasnos que orquestras. Ben! Boa resposta! Pero eso era antes... convidámosvos a coñecer o novo formato ´Verbena Galega´no que innovaremos no mundo das verbenas. Un formato que comprende a 1 grupo de música tradicional, un grupo de música de baile e logo un picadiscos, todo elo en galego, e cun trailer e un equipo de son e luz espectacular!! Pois iso é a nova ´Verbena Galega´ que che ofrecemos dende Culturactiva SCG.
Unha proposta pensada para público familiar que de seguro encherá de cor calquera festa en Galicia que queira innovar e diferenciarse do resto.
NOVOS SERVIZOS
Desde Culturactiva SCG poñemos ao dispór das entidades interesadas os nosos servizos de comunicación e deseño (campañas de prensa, deseño gráfico, deseño web, redes sociais...), asesoramento artístico, produción (montaxe de equipos técnicos e previsón de custes), asesoramento legal e, por suposto, contratación artística. Contade con nós!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario