A PLATAFORMA DE AFECTADOS POLAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES E OBRIGAS SUBORDINADAS INFORMA Á CIDADANÍA DA CONVOCATORIA DUNHA MANIFESTACIÓN NA CIDADE DE A CORUÑA
As 08:30 h. sairán autobuses gratuitos desde O Rosal, pasando pola Guarda, Tomiño e Tui
Plataforma do Baixo Miño
Dende a plataforma de afectados polas participacións preferentes, e, obrigas subordinadas do Baixo Miño, informamos que o vindeiro sábado 23 de febreiro, convocaráse unha manifestación, a cal asistirán tódalas plataformas de toda Galiza, grupos políticos, sindicatos, movementos sociais, asocociacións veciñais, etc.
Sairán autobuses gratuítos dende O Rosal ás oito e media da mañá, pasando pola Guarda, Tomiño e Tui. Agradecemos a inscripción previa, no salón de plenos do Concello do Rosal, no salón de plenos do Concello de Tui, a traverso do mail: afectadoscaixanovarosal@gmail.com, ou nos teléfonos: 616 090 632, 620 878 620, 620 561 594.
A manifestación comezará na cidade herculina ás once e media con remate á unha e media, e, percorrido será o seguinte:
Delegación do Governo (Plaza de Ourense)
Pazo da Xustiza (Plaza de Galicia)
Banco de España (Xoana de Vega)
Novagalicia (Rúa Nova)
Obelisco, Xardíns
Ningún comentario:
Publicar un comentario