RAJOY AFIRMA QUE O DE PONTEVEDRA É “O MELLOR
MUSEO PROVINCIAL DE ESPAÑA” E DESTACA O SEU COMPROMISO Ó LONGO DO TEMPO CON
ESTAS INSTALACIÓNS QUE “SON UN EXEMPLO DO QUE SE PODE FACER TRABALLANDO XUNTOS”
· Louzán destaca que con esta ampliación o
Museo convértese “xa é para sempre, nun dos máis senlleiros e queridos iconos
da nosa cidade e de Galicia”.
O
presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, presidiu hoxe a inauguración
oficial do sexto edificio do Museo de Pontevedra, acompañado polo presidente da
Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, polo titular da Deputación Provincial
de Pontevedra, Rafael Louzán Abal; e por unha nutrida representación da
política e da vida social e cultural pontevedresa.
Entre os
asistentes atopábanse a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo; o delegado do
Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o vicepresidente
e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o conselleiro de Educación,
Jesús Vázquez, entre outras autoridades autonómicas, representantes do
Goberno provincial e do Concello de
Pontevedra; alcaldes da provincia e representantes da vida cultural como, por
exemplo, o pintor Manuel Aramburu.
Ante este
amplo auditorio, Rajoy cualificou ao Museo de Pontevedra como “o mellor Museo Provincial
de España”, e convidou non só aos presentes no acto, senón a todos os galegos e
españois, a visitalo.
O Museo, un exemplo de administración eficaz
e cercana
Na súa
intervención, agradeceu a oportunidade que lle deu a Deputación de “prestar o
meu apoio á rica tradición cultural de Galicia”, así como os esforzos que
realizan desde a administración provincial por “conservar e difundir” este
inxente patrimonio. Mariano Rajoy recordou a súa etapa como presidente da
Deputación, na que formou parte do Padroado do Museo, que visitou en diversas
ocasións nos últimos anos e que, asegurou, “seguirei visitando”.
Por todo
isto o titular do Goberno en España amosou a súa “satisfacción e orgullo” pola
labor desta institución para “conservar o legado que nos deixaron as xeracións
que nos precederon, amplialo e difundilo, o cal é unha nobre responsabilidade
que a Deputación e os cidadáns realizan con orgullo e eficacia”.
De
seguido, Rajoy destacou que este Museo
“é un exemplo de administración eficaz e próxima, característica das
deputacións, así como do apoio de institucións privadas en beneficio da
sociedade”.
Puxo de
relevo, neste senso, a labor de mecenado dos benfeitores privados e, destacou o
seu "compromiso ao largo do tempo" con estas instalacións, incidindo
en que "en momentos de dificultades como os actuais, [o Museo] é un
exemplo do que podemos facer traballando todos unidos e camiñando cara un
obxectivo común”.
Finalmente, Mariano Rajoy salientou que "a
cultura é unha necesidad, algo propio das sociedades modernas, un símbolo da
nosa identidade, o espíritu do que fomos e seremos capaces de construír".
Neste sentido, loou o carácter "aberto e integrador" da pluralidade
cultural de España, "que serve para unir e para achegar e non para ser
utilizado para dividir, confrontar ou separar".
Sinatura no libro de Ouro da Deputación
Tras a súa
intervención, Mariano Rajoy descubriu a placa conmemorativa do acto e, de
seguido, asinou no Libro de Ouro da Deputación onde plasmou as seguintes verbas
«A mis amigos de la Diputación de
Pontevedra. Mi casa esta 1983-1986 con todo mi cariño. Aquí viví una parte muy
bonita y muy importante de mi vida. Mucha suerte. Buen futuro».
Posteriormente,
e sempre acompañado polo xefe do executivo autonómico e polo presidente da
Deputación, entre outras autoridades, realizou unha visita ás instalacións do
Sexto Edificio do Museo, percorrendo as 23 salas de exposicións permanentes que
a partires de hoxe quedarán abertas ó público.
Transformación do Museo de Pontevedra
As
obras inauguradas son froito dun convenio asinado no ano 2000 por Mariano Rajoy
na súa como ministro de Educación, Cultura e Deporte, coa Xunta e a Deputación, tal e como destacou o
presidente da Deputación, Rafael Louzán, na apertura do acto de inauguración.
Louzán
agradeceu a labor de Mariano Rajoy que, dixo,
“é o gran responsable, a man
invisible e sempre discreta que posibilitou a esplendorosa transformación do
Novo Museo de Pontevedra e da cidade toda. Foi quén, na súa etapa de Ministro
de Educación e Cultura, de conseguir os fondos para ampliar o Museo”.
Un Museo, dixo, que con esta ampliación “se converte, xa é para sempre, nun
dos máis senlleiros e queridos iconos da nosa cidade e de Galicia”.
Louzán manifestou a súa confianza de que, ao igual que hoxe se ven os froitos
do compromiso amosado por Rajoy co Museo, os resultados dos seus traballos e responsabilidades doutro tempo,
“sexa un anticipo da súa xestión ó fronte do Goberno de España”, incidindo en
que, tal e como dicía o escritor suizo Durrenmätt “non importa onde estamos,
senón a dirección na que nos movemos”.
Con estas declaracións, quixo referendar a actuación
do presidente do Goberno e o seu empeño e tesón na defensa dos intereses do
país, porque, segundo dixo, “as grandes
cousas non adoitan xurdir da improvisación, senón do traballo sereno, rigoroso
e constante, moitas veces incomprendido e sempre planificado a medio ou a longo
prazo”, algo que caracteriza o que denominou “estilo Rajoy”.
Un estilo marcado polo “traballo arduo, calado, sen
curtopracismos e sen buscar o aplauso fácil e instantáneo, con altura de miras
e con resultados palpables” como os que se demostran no Novo Edifico do Museo
inaugurado hoxe ou na transformación da Cidade Histórica a través do Plan
Urban.
O responsable provincial, que non quixo esquecerse
das “persoas que
están sufrindo problemas" e coas que tanto o Goberno central como autonómico
traballan por atopar solucións, destacou tamén a colaboración da
Xunta de Galicia e do seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, “apoiando
nas súas diferentes responsabilidades, esta cidade e a construción deste Museo,
que sempre apoiou económica e culturalmente e tamén coa súa presenza sempre que se lle requiriu”.
Pola
súa banda, Alberto Núñez Feijóo
salientou na súa intervención o valor e o poder da cultura na conformación e
mantemento da identidade, asegurando que "cando non había institución,
cando non existían estruturas políticas nin económicas, Galicia atopou
protección e esperanza, na cultura", lembrando que foi en 1963 cando se
puxo en marcha, en honor á Rosalía de Castro, o Día das Letras Galegas.
Cincuenta
anos despois, dixo, “é este novo espazo museístico o que nos volve recordar que
Galicia é un gran país, capaz de levantarse e
seguir camiñando".
Alberto Núñez avogou por unha política de portas abertas nas institucións
culturais galegas, xa que os seus fondos son "símbolos de onte e de
hoxe" dos que "xermola sempre unha cultura para o entendemento, que
non é de ninguén senón de todos, que non pecha senón que abre, que non
establece valados senón que abre camiños”.
Obras trascendentes custodiadas polo Museo
ven a luz por primeira vez
Con esta ampliación, o Museo segue medrando de forma imparable non só porque incrementa
considerablemente o espazo expositivo, senón tamén porque consegue sacar á luz creacións
artísticas de gran valor que ata o de agora permanecían veladas ó ollo do
visitante.
A
Deputación, pon a disposición da cidadanía un edificio de 10.000 m2 integrado
por un auditorio, talleres de restauración, espazos para exhibicións temporais
e 23 novas salas nas de exposicións permanentes. A apertura destas novas salas constitúe un dos
fitos máis importantes deste
proxecto porque suman á colección
permanente arredor de 700 obras, incluídas algunhas nunca expostas ata agora.
O percorrido
desta colección amplíase en máis de 4.000 m2 nos que se poderán visitar xoias
imprescindibles da Arte Galega, dende a Baixa Idade Media ata a actualidade,
así como as de Arte Español, dende o entorno de Goya ata o século XX; tamén
restos arquitectónicos; un espazo dedicado ó violinista Manuel Quiroga; e como non podía ser doutro xeito, a mellor
colección do Mundo de obras de Castelao que custodia o Museo de Pontevedra que
se completa co gran tríptico de cegos cedido pola RAG.
O retablo de Belvís, a única pintura sobre
táboa do Medievo en Galicia; o tímpano
do convento de San Francisco; obras de Sorolla e de autores impulsados polas
becas da Deputación (Souto, Maside,
Torres, Laxeiro) son algunhas das obras de arte que se poderán visitar de forma
permanente no sexto edificio do Museo.
A todo isto, sumarase
a diversa programación que se xa se ven desenvolvendo na sala de exposicións
temporais que quixemos facer coincidir nestas datas cunha retrospectiva do artista local Manuel Aramburu «Da Infancia á Madurez».
Finalmente, compre recordar
que a Deputación de Pontevedra organizará con motivo desta exposición unha
xornada de portas abertas para visitar o edificio. Terá lugar o hoxe 4 de
xaneiro de 17 a 21 horas; e os días 5, 6 e 7 de xaneiro en horario de 11 a 14
horas e de 17 a 21 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario