5 de xan. de 2013

PEDORNES (OIA)


HOXE CELÉBRASE A CUARTA "CHOURICIÑA"

Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes

Este sábado día 5 de xaneiro, tal e como era tradición, a Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes-Oia organiza a cuarta “chouriciña” a partir das 18.30 h no Centro Cultural da Parroquia de Pedornes, no Concello de Oia. Para combater o frío haberá bos chourizos asados, ademais de bocadillos de bisté, viño, refrescos, etc. a prezos populares para todo o mundo, e sobre todo moitas ganas de pasarllo ben. 
O evento contará coa animación da charanga “A Muruxeira” de Pedornes. Os socios da citada Asociación teñen dereito a un bocadillo de chourizo e unha consumición gratis (calquera veciño do Concello de Oia pode facerse socio por 10 euros ao ano). 
Esta é unha máis das variadas actividades que a Asociación de Veciños vén desenvolvendo desde a súa creación a mediados do ano 2004, co fin de dinamizar a Parroquia de Pedornes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario